Douscentos nenos e nenas participarán durante todo o mes de xullo no primeiro mundialito de fútbol sala

Do día ao de xullo as pistas do Centro Artístico Sportivo acollerán o primeiro Mundialito de fútbol sala con vinte equipos participantes e 200 xogadores e xogadoras.

Organizado por Mario Español Pérez, ex xogador de fútbol de Ponteareas, o primeiro mundialito convida a toda a cidadanía a participar na festa de presentación que terá lugar este sábado día 29 de xuño ás 21 horas.

O comunicador ponteareán, presentador de TVG, Terio Carrera, será o encargado de conducir este acto que pechará o mago e ilusionista Roberto Lolo arredor das 23 horas.

Nenos e nenas de sete a catorce anos chegados de toda a área metropolitana amosarán a súa habilidade de deportividade nas pistas do Sportivo durante todo o mes de xullo.