Curso de alfabetización dixital na Aula CeMIT

O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Benito Márquez, asistiu á inauguración dun taller promovido polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

curso-alf-dixitalA Aula CeMIT de Ponteareas acolle estes días un curso de alfabetización dixital promovido polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e no que participan un total de 15 persoas que están percibindo a Renda de Inclusión Social de Galicia.

Os alumnos participantes poderán adquirir capacidades que lles doten de autonomía á hora de levar a cabo determinadas xestións na internet relacionadas coa vida cotiá, como pedir unha cita no médico, imprimir unha vida laboral, coñecer as posibilidades do DNI electrónico ou realizar trámites administrativos a través da web municipal do Concello.

O curso ten un total de 30 horas, rematará o vindeiro 20 de novembro e impártese nas instalacións da Aula CeMIT de Ponteareas por unha entidade social que foi escollida pola Dirección Xeral de Familia e Inclusión. O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Benito Márquez, animou aos alumnos a “aproveitar a formación e tamén as horas que todos eles teñen dispoñibles para utilizar a Aula CeMIT libremente”.

Os horarios ao longo desta semana e da seguinte para que os alumnos poidan utilizar a aula serán de xeito independente serán de 16:00 a 20:00 os días 11 e 12 de novembro e de 18:00 e de 20:00 dende o 13 até o 20 de novembro.