Ponteareas convoca unha concentración de rexeitamento polos últimos asasinatos machistas acontecidos en diferentes partes do Estado

lazo-solidario-violencia-machistaO Concello de Ponteareas, a través da concellería de Benestar Social e Igualdade, xestionada por Verónica Carrera, comunica a convocatoria dunha concentración silenciosa de condena polos últimos asasinatos machistas ocorridos na xornada do domingo en Vigo, Córdoba e Valencia, neste último caso con dúas vítimas mortais, nai e filla.

A concentración terá lugar mañá, martes 10 de novembro, ás 12:00 horas na porta da Casa do Concello de Ponteareas.

Dende a concellería de Igualdade quérese manifestar un firme rexeitamento a estes catro asasinatos e o total apoio ás vítimas e aos seus familiares.