Cultura e Lingua volverá convocar o concurso “Remata o conto”

A concellería de Cultura e Lingua, que dirixe Fernando Groba, informa a cidadanía da desaparición da caixa que contiña as propostas do concurso “Remata o conto” enmarcado na terceira edición da Feira do Libro de Ponteareas.

A concellería realizou todas as xestións e pesquisas posibles para poder atopar esta caixa e proceder á valoración das propostas pero non obtivo resultados.

Cultura e Lingua volverá convocar o concurso no marco da Feira dos Remedios nos mesmos termos e condicións para que todos e todas as que o desexen poidan volver participar.

Fernando Groba lamenta o acontecido e agradece a comprensión da cidadanía.