Actividades acuáticas, excursións, videocreación ou perruquería entre as moitas actividades coas que divertirse aprendendo na ludoteca municipal

A ludoteca municipal, dependente da concellería de Benestar Social que dirixe Verónica Carrera, destaca o aumento de familias usuarias da súa oferta no mes de xullo e adianta que aínda quedan prazas para o mes de agosto.

Ademais dos xogos habituais a ludoteca municipal ofreceu actividades específicas de defensa persoal e taekwondo en colaboración con Loren Sport, obradoiro de lipbub (video coreografía), stop motion creando unha historia con figuras de plastilina que a través dun programa de edición se convirte nun vídeo ou talleres de repostería, entre outras moitas propostas como a de perruquería, ciencia divertida e as actividaddes medio ambientais e ao aire libre que lles levaron a visitar o camiño das estrelas en Covelo e o museo dos Carranos, a ruta da desembocadura do Uma na ponte Cabalón en Angoares ou A Freixa, entre outras praias fluviais das comarcas do Condadao e da Paradanta.

No mes de agosto ademais de seguir coas actividades ofertadas a diario haberá novidades como o pilates cunha monitora experta, o coidado da horta en Asprodico, a saída a Prexigueiro en Ribadavia ou a saída ao monte Louro no Barbanza e tamén as visitas ás praias nas que realizan actividades acuáticas.

Nesta tempada de verán a ludoteca agrupa ao seu alumnado en cinco grupos: un de 6 a 7 anos, outro de 8 a 9 anos, outro de 10 e 11 anos, outro de 12 e 13 anos e o último a partir de 13 anos.

As familias interesadas aínda se poden inscribirse no número de telefóno 986 66 17 53.