Continúan as actividades da Semana Europea de Mobilidade

Hoxe taichi e ioga na Praza Maior e mañá desconto do 10% do servizo de taxi

A Concellería de Seguridade Cidadá, centro do programa da Semana Europea de Mobilidade, sigue coas charlas sobre a importancia do uso do chaleco reflectante e hoxe visitará a parroquia de Fozara, a de Padrón a de Fornelos. Mañá será o turno das parroquias de Arnoso e Ribadetea, o mércores 20 visitarán Guláns e Moreira, o xoves 21 Nogueira e Cristiñade e xa o venres 22 Angoares e San Mateo. A Policía Local impartirá as charlas nas que concienciará á veciñanza do importante que é facerse ver na estrada. A prevención como ferramenta para evitar accidentes é unha das medidas prioritarias da Concellería de Seguridade Cidadá que dirixe Vanesa Fernández. 

Dentro do programa da Semana de Mobilidade hoxe haberá ioga tibetano na Praza Maior ás 19:00 horas e ás 20:00 horas taichi en colaboración co centro de terapia Salus. 

Mañá martes día 19 será o día do Transporte Público con descontos do 10% no servizo de taxi. 

A Semana Europea de Mobilidade remata o venres 22 cunha exposición de bicicletas na rúa Esperanza Ademais, porase a disposición da veciñanza bicicletas de balde para percorrer o centro urbano grazas á colaboración de Bici Mecánica Toñi Porto. A partir das 12 horas na Praza Maior sesión de zumba en colaboración con Insdega XXI, xestor da piscina municipal de Ponteareas.