Conferencia para nais e pais sobre a dislexia e as dificultades específicas de aprendizaxe

Dotar de ferramentas de aprendizaxe e ensino a toda a comunidade escolar sen ter que sair do entorno é un dos compromisos da concellería de Ensino que dirixe Cristina Fernández. 

Por este motivo, Fernández Davila convida a todas as nais e pais a participar na conferencia que ofrecerá a médico de familia Esther López, presidenta de AGADIX (Asoc. Galega de Dislexia), baixo o título “Dificultades específicas da aprendizaxe: Dislexia e outras DEA”.

O encontro terá lugar o vindeiro 30 de xaneiro ás 19:00 horas na sala multiusos do auditorio municipal Reveriano Soutullo. 

Se o teu pequeno ou pequena teñen dificultades para ler porque confunden ou alteran a orde das letras, sílabas ou palabras ou ten algunha dificultade específica de aprendizaxe, achégate ao auditorio o día 30 para obter ferramentas e información de axuda.

O vindeiro 27 de febreiro haberá unha fomación específica para profesorado sobre esta temática.