Ponteareas acolleu a primeira xornada da III Copa de promoción de bádminton “Xogade”

Onte celebrouse en Ponteareas a primeira xornada da III copa de promoción de bádminton XOGADE.

Un total de 180 nenos e nenas de diferentes clubs da provincia, CB Rosalía de Vigo, IES de Teis, CEIP San Salvador de Vigo, CB Tui, Asorei Cambados, CB Crecente, CB Rachaplumas, Compañía de Maria Cangas, Colegio Estudio, CB Salvaterra, EDM Salceda, CB Mondariz e o anfitrión CB Ponteareas.

A copa celebrouse nas categorías benxamin con 26 deportistas, alevín con 36, infantil con 81 e cadete con 37.

Na xornada desputáronse 317 partidos, desde as 9:00h ata as 14:00h. Este evento foi posible levalo a cabo gracias a utilización dos dous pavillóns municipais cun total de 14 pistas.


Ao remate, o concelleiro de Deportes do concello de Ponteareas, Benito Márquez, agasallou a cada participante unha bolsa deportiva. 


O Club Bádminton Ponteareas, organizador do evento quere agradecer o bo comportamento dos participantes e dar as grazas a técnicos, coordinadores, árbitros e nai e pais que forman a familia do Club Bádminton Ponteareas.