Concecta co baloncesto nas xornadas organizadas de balde polo Club Baloncesto Condado-C.E. Sestelo &Cía

O Club Baloncesto Condado-C.E. Sestelo & Cía organiza unhas novas xornadas de baloncesto gratuítas co obxectivo de dar a coñecer este deporte e sumar xogadores e xogadoras para os seus equipos baby mixto, benxamín mixo, minibasket masculino e feminino.

Todos os nenos e nenas de 6 a 11 anos serán benvidos a estas xornadas que se celebrarán o martes 19 e o xoves 21 de novembro no pavillón municipal Álvaro Pino.

En concreto para a categoría baby correspondente aos nados entre o 2012 e o 2013 a xornada será tanto martes como xoves de 16 a 17 horas. Para os nados entre 2010 e 2011 (benxamíns) será os dous días tamén de 16 a 17 horas e para os nados entre 2008 e 2009 (minibasket) será martes e xoves de 17 a 18 horas.

Aquelas familias interesadas en participar nestes adestramentos para coñecer o baloncesto poden porse en contacto con Fernando no número de teléfono 665 030 363 ou con Rubén no 670 969 826 ou simplemente achegarse ata o pavillón os días e nas horas sinaladas.

– Blog: http://cbcondado.blogspot.com.es/

-Facebook: https://www.facebook.com/ClubBaloncestoCondado

– Mail: cbcondado@gmail.com