Comezo do Obradoiro gratuíto de Iniciación ao Clown en Ponteareas, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas

Cartel ClownEste martes dá comezo o “Obradoiro gratuíto de iniciación ao clown”, dirixido a persoas maiores de 16 anos, cunha duración de 15 horas no que os asistentes poderán aprender as técnicas de expresión dos pallasos, a xestión do sentimento de ridículo, unha das ferramentas teatrais máis poderosas, xogos de complicidade e sensibilidade cos demais en escena, entre outras. O obradoiro estará impartido por Fran Rei e Pedro Brandariz, integrantes da compañía Os Sete Magníficos Máis Un, actores de recoñecido prestixio.

Esta actividade, encádrase dentro do programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia para os concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, entre os que se encontra o Concello de Ponteareas, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Cultura, que dirixe Andrés Sampedro Fernández, quen manifesta o interese do Concello de Ponteareas por colaborar con todas aquelas iniciativas que fomenten a formación da xuventude en todos os eidos.

Estas clases levaranse a cabo os días 14, 15,16,17 e 18 de outubro de 2014, desde as 17:45 ás 20:45 horas na sala multiusos da Biblioteca Municipal.