O alcalde do Concello de Ponteares reuniuse co xefe territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra para tratar o tema da instalación de gas.

reunión do alcalde co xefe territorial 2014O alcalde do Concello de Ponteareas, Salvador González Solla, mantivo o venres pola mañá unha reunión co xefe territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Ignacio Rial Santomé, así como con técnicos da consellería, para tratar a problemática xurdida nalgún edificio de Ponteareas en relación coa instalación de gas nos mesmos.

Salvador González Solla nesta xuntanza trasladoulle ao xefe territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra as reclamacións presentadas por veciños dalgún edificio de Ponteareas nas que manifestaban que as ditas instalacións non se axustaban ás normativas establecidas.

Ante estes feitos, o xefe territorial, Ignacio Rial Santomé, manifestoulle ao rexedor ponteareán que, dentro do ámbito das súas competencias, a consellería exercerá as accións que ao respecto sexan oportunas e, polo tanto, afirma Salvador González Solla, o Concello de Ponteareas será respectuoso coas competencias de cada administración.