Autoemprego e cooperativismo en Ponteareas

Q55A3946Hoxe no Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas, tivo lugar a presentación do Obradoiro de autoemprego e cooperativsmo no eido rural que se impartirá nas instalacións do Centro de Desenvolvemento Local, perante os días 11 e 12 de xuño.

Esta actividade desenvólvese dentro do proxecto Aquelando 3 do que forma parte o concello, froito da firma coa deputación provincial do  “Pacto Provincial para a Calidade e Produtividade Social no Emprego”, que se enmarca no programa operativo europeo “Adaptabilidade e Emprego” do fondo social uropeo.

O acto,  asistiron o alcalde Salvador González e a deputada provincial Marta Iglesias, acompañados pola concelleira de emprego Marisol Valado e técnicos da deputación provincial.

Marta Iglesias, destacou a importancia destas xornadas porque “o autoemprego no ámbito rural é unha das principais prioridades das políticas de desenvolvemento para mellorar a situación económica e a calidade de vida das persoas que o habitán”. O tempo, o alcalde Solla, agradeceu a deputación provincial o esforzo e apoio que Ponteareas está a recibir, no eido do fomento do emprego, e animou aos presentes a aproveitar os recursos que lles ofrece tanto o concello como a deputación.

Coa participación de emprendedores das comarcas Condado e Paradante, nesta primeira xornada, abordaronse temas como: a axuda ao emprendedor, exposto polo responsable de programas do IGAPE Manuel Fidalgo e detección de necesidades e ideas de negocio, exposto por Rocío Rodríguez da Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA), rematando a xornada coa exposición de casos reais de éxito polos emprendedores Lourdes Ennes Fernández de “Santa Clara Horta Ecolóxica” e María Regueira Ces de “Contextos, información, extrategia, y Comunicación S.L.”

Outras áreas a tratar e de interese para os emprendedoreas como: as fórmulas de autoemprego, o asesoramento empresarial 2.0 ou a fórmula cooperativa abordaranse na xornada de mañá.

 

Dende a concellería que dirixe Valado, seguirase a fomentar no eido do emprego, todas e cantas  accións sexan necesarias para que calquer desempregado poida ter acceso a formación e as ferramentas necesarias para acadar o derradeiro obxectivo: a inserción dos desempregados.