As casiñas con libros viaxeiros agárdanvos nas rúas de Ponteareas

A concellería de Cultura e Lingua, que dirixe Fernando Groba, leva a biblioteca municipal ás rúas de Ponteareas e instala casiñas con libros viaxeiros que podes atopar en catro puntos da vila para encher de creatividade os teus intres de lecer.

As casiñas dos libros viaxeiros están no parque Ferro-Ucha, na Praza Maior, no Parque da Perillana e nos Xardíns do concello para fomentar a lectura no tempo de lecer.

Calquera persoa pode achegarse a estas casiñas e desfrutar da lectura porque nas casiñas viaxeiras pódense atopar libros de tódolos xéneros e para todos os públicos.

Todos e todas as que o desexen poden incorporar libros ás casiñas viaxeiras que comezaron a súa andaian pola vila cun lote inicial aportado pola biblioteca municipal.

Colle un libro e deixa outro, así dende a concellería promoven unha actividade interactiva e participativa.

A concellería de Cultura e Lingua supervisa que exista un reparto equitativo nas catro casiñas do centro urbano.