As alumnas da especialidade de atención sanitaria do obradoiro de emprego de Ponteareas comezan as prácticas no Complexo Residencial de Vigo

A concelleira de Formación e Emprego, Vanesa Fernández, informa que as alumnas da especialidade de Atención Socio Sanitaria a Persoas Dependentes en Domicilios e Institucións Sociais  do obradoiro de emprego “Coidar de Nós II”  do Concello de Ponteareas, iniciaron as prácticas formativas no Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes de Vigo durante os días 3 a 14 de agosto 2020.

Vanesa Fernández deséxalles un bo período nesta etapa da súa formación agardando que aprendan moito e que adquiran os coñecementos precisos para complementar a teoría impartida durante o obradoiro.

A concelleira de Formación e Emprego recorda que esta especialidade ten acadado ata o 100% de inserción laboral nos anos anteriores e recoñece a importante labor que desempeñan estas profesionais ao facerse cargo do coidado diario dos nosos maiores.