Mozas e mozos: xoves, venres e sábado temos plan! A mocidade está viva!!!

O concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, lémbralle aos mozos e mozas de Ponteareas que este xoves teñen unha cita co tenis de mesa na praza Maior ás 21 horas, o venres cita co obradoiro de cociña de supervivencia no mercado municipal ás 21 horas e o sábado… karaoke!!! na Feira Vella tamén ás 21 horas.

Para participar no obradoiro de cociña de supervivencia é preciso inscribirse no enderezo electrónico da Oficina Municipal de Información Xuveníl (OMIX) omix@ponteareas.gal

Este verán, goza e aprende coas novidosas suxestións do teu programa, feito por e para tí!