Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro de emprego “Compromiso Social III”

Na mañá de hoxe constituíse a comisión mixta de selección do obradoiro de emprego “Compromiso Social III” coa participación do Concello de Ponteareas previa convocatoria da Xunta de Galicia. Nesta reunión aprobaronse as bases para a selección de 20 alumnos- traballadores, equipo directivo, docentes expertos e personal administrativo.
Dado o curto prazo de tempo do que dispón o Concello de Ponteareas e dada a relevancia que ten a convocatoria destas vinte contratacións de formación remunerada, o Concello quere dar a máxima difusión para cubrir por un lado as dez prazas na especialidade de operacións auxiliares de revestimento e construción nivel 1, as dez prazas de atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio e atención sociosanitaria a persoas dependentes en institución, así como o resto das prazas de personal directivo e expertos do obradoiro.
Os contratos de traballo serán a xornada completa e cunha duración de nove meses para persoas maiores de 18 anos que estean desempregadas e que deben asistir e seguir con aproveitamento as ensinadas teórico- prácticas impartidas.
Os obradoiros terán 360 horas de teoría e 1.080 horas de prácticas.
A data prevista para o comezo do curso é o vindeiro 28 de setembro de 2017.
Os requisitos mínimos é ser maior de 18 anos e estar inscrito como demandante de emprego pero ademais terán preferencia as:
– Persoas beneficiarias da renda de integración social de Galicia.
- Persoa que tendo previsto a realización deste tipo de medida no seu itinerario de inserción profesional, teñan especiais dificultades de inserción no mercado de traballo, tales como:
- Persoas mozas menores de 30 anos.
- Mulleres en xeral.
- Mulleres vítimas de violencia.
- Persoal traballador que esgotou as prestacións e subsidios por desemprego.
- Persoas paradas de longa duración.
- Persoas maiores de 45 anos.
- Persoas que carecen de títulos universitarios e de FP de grao superior, excepto para os certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 3.
- Persoas con discapacidade sempre que poidan realizar os traballos.
As ofertas de emprego correspondentes a todos estes postos, presentaránse por parte do concello o 24 de agosto. O día 25 tramitaránse pola oficina de emprego, anteriormente difundíuse a concesión deste obradoiro e aquelas persoas en situación de desemprego que queiran participar no proceso de selección poden inscribrirse estes dous días ata o día 24 inclusive.
Os interesados en consultar as bases deben acceder a páxina web do Concello de Ponteareas na pestaña oferta emprego público ou tamén no Centro de Desarrollo Local.

Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro de emprego “Compromiso Social III”