Medio Ambiente e Turismo organizan unha visita á igrexa románica de Angoares e unha andaina á ponte do Cabalón ata a desembocadura do río Uma

 

As Concellerías de Medio Ambiente e a de Turismo organizan unha visita guiada á Igrexa románica de Angoares e unha andaina dende a ponte do Cabalón ata a desembocadura do río Uma que terá lugar o domingo día 27 de agosto. A visita dirixida a todo o público en xeral, comezará as 10,00 h. na Igrexa de Angoares e finalizará ás 14,00 h.

Con estas visitas trátase de mostrar e por en valor o patrimonio histórico, cultural e natural do noso Concello.

Comezaremos na Igrexa románica de Angoares, única en Galicia pola súa planta de cruz latina e ábsida rectangular, na que destacan os capiteis e os canzorros dos que conta cunha ampla colección moi interesante. Dende alí, partiremos cara a ponte do Cabalón, de época medieval e continuaremos pola beira do río Uma ata a súa desembocadura no río Tea. Estes ríos forman parte dun Ecosistema de Interese Prioritario para a Unión Europea, o chamado “Bosque atlántico de aluvións de amieiros e freixos”. Durante o percorrido explicaremos o ecosistema e diferenciaremos as especies que o integran tanto arbóreas e arbustivas (pradairo, amieiro, freixo, salgueiro) como do estrato herbáceo (fentos e lianas). A explicación medioambiental correrá a cargo e Marcelo Rodríguez de Faia Educación Ambiental.

Para mais información chamar á oficina de turismo (673 79 47 62 ou 672 10 54 68) ou enviar un e-mail a turismo@ponteareas.es