Aberto o prazo para inscribirse nas Depo_Escolas

A concelleira de Deportes, Nahir Covelo, informa ás familias que xa se poden inscribir no programa deportivo “Depo_Escolas” que ofrece a Deputación de Pontevedra.

As escolas estarán destinada a nenas e nenos en idade escolar que residan na nosa provincia e os deportes que ofrecen para este curso 20019/2020 son atletismo, baloncesto, balonmán, fútbol, judo, loita, patinaxe, piragüismo, rugby e taekwondo.

A solicitude de inscrición deberá realizarse preferentemente por medios elecyrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

Abriránse dous prazos para a presentación de solicitudes. O primeiro prazo dende hoxe luns día 16 ata o 30 de setembro e o segundo prazo dende o 4 de novembro ao 13 de xaneiro.