Concentración en repulsa do triple asasinato machista acontecido en Valga

O concello de Ponteareas a través da concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Verónica Carrera, convoca unha concentración en repulsa polo triple asasinato machista acontecido onte en Valga. A concentración será ás 12:00 horas diante da Casa do Concello.