A ponteareá Iria Lemos, bronce na Copa de España de natación en augas abertas

 

A nadadora do CNPonteareas completou a semana co primeiro posto por equipos coa selección española na Mediterranean Open Water Swimming Cup de Chipre

 

O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, quere trasladar os parabéns do goberno local a Iria Lemos, do Club Natación Ponteareas, que vén de completar unha intensa e brillante semana na que acadou importantes logros tanto para a natación ponteareá como para a española. 

 

A deportista comezaba esta boa racha en Málaga conseguindo medalla de bronce nos 5km na categoría infantil na etapa final da Copa de España de augas abertas. A semana remataba competindo como parte do equipo español de natación de augas abertas na Mediterranean Open Water Swimming Cup na localidade chipriota de Larnaca, onde o equipo acadou a primeira posición feminina conxunta. Lemos quedou en quinta posición despois dunha proba de 5km moi disputada.

 

Estes resultados reflicte “o enorme traballo que fan cada día as nadadoras e nadadores do club ponteareán nos adestramentos. Parabéns a Iria Lemos a todo o ao club, que está a desenvolver un gran traballo na formación de novos valores deportistas”.