A imprenta Saturnino Montero abriulle as portas aos nenos do Campus Tea

Os cativos e as cativas tiveron a oportunidade de aprender algunhas das técnicas actuais e antigas de impresión

20150825_112014O Campus Tea, organizado dende a concellería de Ensino dirixida por Cristina Fernández, vén de desenvolver unha visita á imprenta Saturnino Montero, situada no casco urbano da vila ponteareá.

A pequena excursión valeu para que os rapaces e as rapazas inscritos nesta última quenda do campamento puideran coñecer un pouco máis en profundidade as técnicas actuais e antigas de impresión en diferentes tipos de papel, ademais da maquinaria utilizada en cada momento, permitindo que se fixeran unha idea de cal foi a evolución deste sector nas últimas décadas.

Nesta última quenda do Campus Tea, as actividades están principalmente centradas na escritura, percorrendo a historia dende a súa orixe, pasando polos primeiros libros até chegar á creación da imprenta. Tamén se fará un pequeno repaso dos diferentes tipos de escritura existentes na actualidade: cirílico, braille, etcétera.