Os rapaces e as rapazas da Ludoteca subiron á piragua

A Ludoteca Municipal de Ponteareas desenvolveu esta actividade deportiva dentro do programa organizado dende a concellería de Benestar Social xestionada por Verónica Carrera

piragüismo-ludotecaOs rapaces e rapazas de entre 6 e 14 anos de idade inscritos no programa estival da Ludoteca Municipal de Ponteareas, dependente da concellería de Benestar Social dirixida por Verónica Carrera, seguen gozando de diversas actividades destinadas a fornecer as súas habilidades sociais e a súa capacidade de convivencia, ademais de representar unha importante axuda na conciliación laboral e familiar de moitos fogares.

Unha das últimas accións promovidas dende esta área, estivo relacionada co deporte do priagüismo. Nenos e nenas puideron aprender, grazas á colaboración do Club Piragüismo Tea, a desenvolverse no medio acuático mediante a práctica deste deporte, vencendo os seus propios medos ao mesmo tempo que adquirían destreza e control.

O río Tea foi o escenario escollido para que os rapaces manexaran piraguas individuais e dobres, posibilitando que asumiran as virtudes do traballo en equipo. A actividade durou máis de dúas horas e rematou cunha xornada de sendeirismo polo contorno do río Aboal.