A festa Ibicenca organizada por BANASTRA comezará nas prazas para rematar no Paseo Matutino

O centro comercial aberto BANASTRA celebrará mañá sábado unha festa ibicenca no Paseo Matutino con música de djs e animación a partir das 20 horas. Programada para toda a familia, a festa comeza cun dj infantil e animación na Praza Maior para trasladarse á praza Bugallal ás 21 horas da man do dj Family. A partir das 22 horas nos xardíns do concello sesión musical con Dj Lounge e ás 23 horas Dj Ibiza comeza a festa no Paseo Matutino. 

BANASTRA sorteará agasallos entre aqueles e aquelas que participen vestidos de branco.