O voluntariado do proxecto “Dí non ao plástico” participou nunha actividade de concienciación co alumnado do Campus Tea Verán e da ludoteca municipal

Os e as voluntarias que participaron no proxecto “Dí non ao plástico” deron a súa primeira lección aos cativos e cativas da ludoteca municipal e tamén ensinaron e concienciaron ao alumnado do Campus Tea Verán nunha actividade realizada no parque das Pombas. 

Dentro desta iniciativa, organizada pola oficina municipal de voluntariado, realizanse actividades de orientación con rutas medioambientais, eliminación de plantas invasoras, prácticas en feiras, eventos ou campamentos, trátase a contaminación atmosférica e biodiversidade e o veganismo.

Todas as horas do curso serán certificadas tanto para acreditar diante da universidade como para completar o seu curriculum vitae.