A Escola de Billar Sportivo participa esta semana nos Campionatos de España

Iker Moo, xogador da Escola de Billar Sportivo de Ponteareas, participa nos Campionatos de España que se xogarán durante toda esta semana na cidade asturiana de Oviedo en catro modalidades: 2 absolutas e 2 junior.

A Escola Billar Sportivo ven participando durante toda esta tempada nos grandes eventos do panorama nacional e autonómico, no que conseguiron un  segundo e un cuarto posto no Campionato SAM de Galicia, desputado en Poio hai unhas semanas.

O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, felicitou á escola polo seu traballo diario e desexóulle ao xogador de billar Iker Moo moito éxito no campionato de Oviedo.