A Unión Europea recala en Ponteareas

 

Ponteareas acollerá o vindeiro día 4 de xullo as xornadas informativas da Unión Europea, converténdose nunha das tres vilas que as institucións da Unión Europea elexiron para impartir o ciclo de diálogos co mocidade “Cafés con Europa”. 

O obxectivo é informar á mocidade sobre as posibilidades que teñen de percorrer o continente e aproveitar todas as oportunidades que lles ofrecen. 

Viaxes en Interrail, nos que cada ano participan máis de 15.000 mozos e mozas europeas; Erasmus non so para universitarios e universitarias, becas deportivas…

No encontro que se celebrará o vindeiro 4 de xullo ás 17:00 nos xardíns da Xiralda, detrás do concello, a Unión Europea e o Concello de Ponteareas convidarán á mocidade a un “café” e arredor del poderán formular as preguntas e as inquedanzas que precisen resolver. A inscrición debe formalizarse no seguinte ligazón web 

https://www.eventbrite.es/e/entradas-cafe-con-europa-espacio-de-conversacion-para-jovenes-sobre-europa-46561166703

Esta iniciativa completarase cun debate sobre o futuro europeo que se celebrará no salón de plenos ás 20:30 horas aberto a toda a cidadanía e colectivos veciñais, sociais, culturais, medioambientais, empresariais e comerciais. Deberán inscribirse na seguinte ligazón

https://www.eventbrite.es/e/entradas-futuro-de-europa-espacio-de-conversacion-sobre-europa-46560969112

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, adianta que é unha boa oportunidade para coñecer todos os apoios que nos ofrecen e amosa a súa satisfacción pola decisión de Europa de recalar en Ponteareas.