A concellería de Ensino organiza unha charla sobre trastornos na conduta alimentaria

Terá lugar na sala de usos múltiples do Auditorio Reveriano Soutullo o venres 26 de febreiro

CARTEL-CHARLA-SAUDE-1_WEBA sala de usos múltiples do Auditorio Reveriano Soutullo acollerá este venres, 26 de febreiro, unha charla informativa sobre a nutrición e os trastornos na conduta alimentaria. A conferencia dará comezo ás 19:30 horas e será impartida pola médico de familia no Centro de Saúde de Ponteareas, Raquel Plana Pintos, e polo diplomado en enfermería no Centro de Saúde de Ponteareas, Nemesio Boente Tienda.

Cristina Fernández, edil de Ensino, salientou a importancia de “organizar charlas informativas coma esta, especialmente interesantes para todos aqueles pais e nais que teñen arestora fillos e fillas adolescentes, pois é franxa de idade na que se adoitan producir trastornos como a bulimia ou a anorexia”.