A Concellería de Deportes e a Deputación de Pontevedra tratan os campos de fútbol de herba natural da vila

sdr

A concellería de Deportes, dirixida por Benito Márquez, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, están levando a cabo estas semanas o tratamento de mantemento dos campos de fútbol do Concello.

“Este ano, ademais dos xa tradicionais de Areas, Pardellas e  Xinzo, tamén levamos a cabo tarefas de mellora no campo de San Mateo, no que, en colaboración coa directiva do Sporting Club San Mateo, sementamos 100 kg. de semente de céspede para mellorar o terreo de xogo”, indicou Benito Márquez.

Operarios da Deputación procederon ao pinchado e escarificado dos campos en sete centímetros de profundidade para que o céspede se osixene e a raíz poida respirar, permitindo o seu crecemento de maneira máis forte e máis rápida, ademais de contribuír ao seu enraizamento. Posteriormente, botaron area que finalmente foi estendida con maquinaria especializada polo campo para dar uniformidade ao mesmo, rematando o proceso co regadío das superficies.

O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, supervisou os traballos para que as instalacións deportivas do Concello se manteñan en bo estado, en colaboración coas directivas de tódolos equipos de fútbol que neles xogan e adestran. Do mesmo xeito, quixo agradecer aos técnicos da Deputación que tamén supervisaron os traballos e aos operarios que “puxeron moito da súa parte e fixeron un excelente traballo en cada un dos campos”.