Onde está o vento?, no auditorio Reveriano Soutullo a cargo da compañía Animar-T, dentro do programa Apego

A concellería de Cultura e Normalización Lingüística, que dirixe Hortensia Bautista, volve agasallar  todas as familias cunha actividade enmarcada dentro do programa APEGO. 

Nesta ocasión a sala multiusos do Auditorio Municipal acolle este venres, día 26  ás 17:30 horas o espectáculo “Onde está o vento? “, a cargo de Animar-T.

Onde está o vento? É un contacontos recomendado para crianzas menores de 6 anos, nos que se combinan o conto con títeres de gomaespuma coas cancións populares infantís cantadas en directo.

Esta actividade é de balde e forma parte dun conxunto de actividades realizadas de xeito mensual que fomentan a vinculación das familias co galego, dentro do proxecto Apego.

Apego é un programa colectivo dirixido a fomentar e a facilitar a transmisión do galego como lingua inicial e a socialización dos nenos e das nenas entre 0 e 6 anos no noso idioma, para o que se desenvolven materiais, facilítanse e difúndense recursos, deséñanse e prográmanse actividades para nais e pais e para nenos e nenas, etc.

Todas aquelas persoas interesadas en participar neste proxecto poden pórse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, onde recibirán toda a información precisa.