A Praza Maior de Ponteareas acollerá este xoves, día 11, a actuación do grupo Lembranzas Moañesas, agrupación que deleitará ao público cun repertorio de boleros, habaneras e cantos mariñeiros.
A actuación será ás 21:00 horas na Praza Maior e de xeito gratuíto. Esta actuación encádrase dentro dos distintos eventos que se levan a cabo co gallo das Festas de Setembro.