Nova “Andaina pola Senda sur do Río Tea” o vindeiro sábado

SendaEste sábado, día 13, poderase gozar novamente dunhas xornadas de sendeirismo a través das cales descubriranse paisaxes fermosas, así como importantes elementos do patrimonio cultural de Ponteareas, dentro da programación que desde a Concellería de Cultura, que dirixe Andrés Sampedro, vén de organizar a Biblioteca Pública Municipal durante a época estival.

A nova cita será unha “Andaina pola Senda Sur do Río Tea”, saíndo ás 10:00 horas desde a Ponte dos Remedios, inicio da senda, para facer a ruta ata O Cabalón, en Angoares.

Para poder participar nestas novas saídas, é imprescindible a inscrición previa na Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas, en horario das 7:30 ás 14:30 horas, ou no teléfono 672 105 468, onde recibirán a información precisa. Así mesmo, para que se leven a cabo cómpre contar cun mínimo de cinco persoas.