ADIADO o concerto de Óscar Ibañez & Tribo por adversidade metereolóxica

 
Dadas as adversidades meteorolóxicas previstas para este sábado en Ponteareas, e ante a imposibilidade de trasladalo de ubicación, dende o Concello de Ponteareas vémonos na obriga de adiar o concerto previsto de Óscar Ibáñez & Tribo na Feira Vella.
 
O Concello de Ponteareas comprométese a buscar unha nova data para que este concerto se poida celebrar, seguindo a nosa aposta decidida pola cultura e por non confinar a este sector nun momento tan complicado como o que estamos atravesando.
 
Lamentando as molestias que este adiamento poida ocasionar, e agradecendo o seu interese neste evento, informarémoslle da nova data en canto a teñamos confirmada.