O Concello quere acompañar aos seus familiares e achegados nestes momentos de despedida do Xeneral de División da Garda Civil retirado, Manuel Ferreiro Losada. Foi condecorado como fillo adoptivo e nomeado como pregoeiro das Festas dos Corpus no 2012. Lembrarémolo co mesmo cariño que en numerosas ocasións expresou por Ponteareas.
Velaquí a revista Pregón de 2012, onde aínda podemos topar unha boa mostra da súa personalidade e extenso coñecemento de Ponteareas, así como o amor pola súa contorna e historia.