A veciñanza de Ponteareas valora positivamente o servizo de limpeza e recollida do lixo

Na enquisa  o 75% dos veciños valoran como bo ou moi bo o servizo de recollida diaria de colectores de lixo

En resposta ás críticas do grupo municipal ACiP no día de hoxe, o Goberno local deu conta dos datos da última enquisa de coñecemento e valoración do servizo por parte da cidadanía de Ponteareas. Realizada sobre unha mostra representativa de 600 persoas. Sobre o servizo diario

Polos datos referidos, o Goberno local entende como satisfactoria o servizo da empresa adxudicataria. Non parece urxente que haxa que gastar un diñeiro que non se ten para realizar una auditoría do servizo da limpeza non é precisa, pois sería un gasto engadido sen xustificación. Por outro lado, o Goberno non ten recibido queixas nin críticas veciñais sobre o servizo, á marxe dalgunha excepción puntual.

Cabe lembrar que no mandato anterior o Goberno local, presidido por Salvador González Solla, malgastou miles de euros nunha auditoría que resultou inútil, como xa recoñeceu no seu día. Utilizou esta auditoría para forzar á empresa cara unha negociación e como consecuencia desta xestión incompetente e irresponsable o contrato acabou xudicializado mediante denuncia da empresa ao Concello.

Pola contra, o Goberno actual, presidido por Xosé Represas, logrou unha nova etapa de diálogo coa empresa FCC, tal como se puxo de manifesto no pleno ordinario de 2 marzo. Froito deste diálogo o Concello logrou paralizar o pagamento inmediato de máis de 300.000 euros en conceptos de xuros de demora.

Nestes meses tamén se acadou unha maior colaboración da concesionaria co Concello realizando actuacións de mellora non contempladas no contrato como foi a limpeza en profundidade de moitas beirarrúas. Tamén se realizou, despois de moitos anos, a limpeza da entrada do parque móbil municipal, xa que daba unha imaxe lamentable. Ao mesmo tempo, grazas a campaña de concienciación realizada hai un maior uso do punto de limpo, o que reporta nun mellor servizo, evitando que algún de estes refugallos.