2ª Xornada liga galega (Alevín e benxamín) e Toma de Tempos (Circuito ADAN)

natacionO Domingo día 30 de novembro poderemos gozar en Ponteareas(piscina do Complexo Deportivo Alvaro Pino) ás 10.30 horas, dunha completa xornada de natación. Coa celebración de dúas competicións, na que participarán un grande número de nadadores da provincia, e mesmo algún nome importante dentro do panorama internacional do Triatlón.

En primeiro lugar ás 10.30 horas, comezarán os máis pequenos (benxamíns e crías) coa disputa da segunda xornada de liga. Un centenar de nadadores pertencentes ao CN. Galaico (Pontevedra),CN. Sanxenxo e CN Ponteareas, competirán nas seguintes probas:
200 braza, 100 braza, 50 braza, 100 libres, 100 costas e relevos.

Unha vez finalizada a liga Benjamín Cría, en torno ás 13.00 horas, tocaralle a quenda aos nadadores absolutos, que participarán nunha toma de tempos, na que se poderán ver todo tipo de probas do programa habitual de natación, menos o 1500 e o 800 libre.

Participarán na toma mais de cen nadadores pertencentes a: CNGalaico, CN Rias Baixas (Vigo), RCNautico Vigo, CN. Redondela eCN Ponteareas.
Nesta toma teremos presenzas destacadas, dentro do mundo do triatlón, Fernando Alarza, un triatleta de Talavera, que participou en probas das Series Mundiais de Triatlón e Antonio Serrat Seoane,triatleta de Vigo, que participou no Cto. Do Mundo Júnior da especialidade.
Pero ademais, o publico asistente poderá contemplar as evolucións dun grupo importante de nadadores absolutos do CN Ponteareas.

Esperámosvos ás 10.30 na Piscina do Complexo Alvaro Pino.