Este sábado celebrarase o “Torneo de bádminton Concello de Ponteareas”

badminton2Este xoves, día 27 de novembro, presentouse na Casa do Concello de Ponteareas, o “Torneo de bádminton Concello de Ponteareas”, contando coa presenza do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán Abal, o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, o concelleiro de Deportes, Alberto Novoa Iglesias, e Víctor Lemos, director técnico do Club bádminton de Ponteareas.

O vindeiro sábado, día 29 de novembro, terá lugar no pavillón número 2 do Complexo Deportivo Álvaro Pino de Ponteareas, das 09:00 ás 21 horas, o “Torneo de bádmiton Concello de Ponteareas”, que forma parte da 4ª proba puntuable “Circuíto Deputación de Pontevedra”, organizado polo Club Bádminton Ponteareas , conxuntamente co Club Bádminton Rachaplumas, contando coa colaboración do Concello de Ponteareas, a Deputación de Pontevedra, o Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Babolat, Deportes Carlos Miguel e o CIFP Manuel Antonio.

Un total de 180 deportistas, representando a  15 entidades do sur da provincia de Pontevedra, disputarán o Trofeo Concello de Ponteareas na modalidade individual e nas  categorías sub-11, sub-13, sub-17 e absoluta, levándose a cabo durante  doce horas máis de 300 partidos.

A competición despútase no seguinte horario:

  • De 09:00 h a 12 horas: a categoría absoluta
  • De 12:00 h a 15 horas:a categoría Sub-17
  • De 15:00 h a 18 horas: a categoría Sub-11
  • De 18:00 h a 21 horas : a categoría Sub-17

O Concello de Ponteareas e o Club Bádmiton Ponteareas animan a que os ponteareáns  se acheguen para gozar desta actividade deportiva na que se poderá disfrutar dun bo bádminton, tanto do dos deportistas máis novos da categoría sub-11 coas reglas de mini-badminton así como do dos xogadores máis veteranos da categoría absoluta.