Xogadores do Club Escola de Billar Sportivo aseguran o seu posto no Torneo Internacional Ardennen Cup 2018

Os xogadores do Club Escola de Billar Sportivo de Ponteareas, José Ángel Nogueira e Jorge Abadín, gañaron esta fin de semana a súa praza directa para participar no Torneo Internacional Ardennen Cup 2018 tras xogar a final galega de billar (A.G.P). 

Esta tempada o Club Escola de Billar Sportivo está participando nos mellores eventos de Galicia, de España e de fóra das nosas fronteiras. O Club quere agradecer aos patrocinadores o seu apoio que permite ampliar horizontes, o Centro Artístico Sportivo, o concello de Ponteareas, a Deputación de Pontevedra e todos aqueles que fan posible que os xogadores amosen as súas destrezas.

O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, anima ao club a seguir nesta liña de traballo.