Ven entreterte ao DIVERNADAL!!!

O concello de Ponteareas, a través das concellerías de Eventos e de Promoción Económica, convida a todas as familias a participar no Divernadal que todos os sábados de decembro dende as 17 ata as 19 horas abre as súas portas para as máis pequenas e os máis pequenos dos fogares.  Baixo a carpa da Praza Maior atoparán un espazo de lecer donde aprender e divertirse.

Seguindo na liña de traballo da transversalidade ademais de ofrecer ás familias un servizo de entretemento infantil totalmente de balde, tamén se facilita que os adultos poidan dispor de tempo para realizar as súas compras no comercio local.