O desfile do Entroido suspendido este domingo pasado queda aprazado até o 5 de marzo

Vistas as previsións de chuvia tomouse a decisión conxunta coas comparsas de aprazar o desfile do Entroido deste pasado domingo para o vindeiro 5 de marzo nas mesmas condicións, coa animación da charanga os Ghuacamaios.

Mañá martes, día 28, manterase a programación prevista coa saída de comparsas ás 20.00 horas, pospoñéndose a chocolotada para o domingo 5 de marzo. O programa de Mércores de Cinza permanece sen alteracións, co velorio da Sardiña diante do Concello a partir das 20.00 horas, para a continuación comezar a procesión do enterro da Sardiña que porá o ramo na Praza Maior, amenizada no seu transcurso pola charanga SDK.