Sete ouros para o CN Ponteareas no Campionato Galego Alevín de Verán

Sete ouros para o CN Ponteareas no Campionato Galego Alevín de VeránA nadadora ponteareá Iria Lemos, que adestra no CGTD de Pontevedra, fíxose co bronce no XXIII Campionato de España de augas abertas

 

O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, traslada os seus parabéns ás nadadoras e nadadores do CN Ponteareas, que esta fin de semana realizaron unha grande actuación no Campionato Galego Alevín de Verán, que se disputou esta fin de semana na piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontevedra.

 

Á quinta posición na clasificación conxunta, o Club Natación Ponteareas, cun equipo integrado por 5 nadadoras e 5 nadadores subiu ao podio ata en sete ocasións. Destaca o título de campión galego de Yoel Faro en 200 e 400 Estilos e nos 100 e 200 Braza e o das campioas galegas de María Quintas en 800 libre e 200 bolboreta e María Seijo nos 400 Estilos.

 

Noraboa tamén á ponteareá Iria Lemos, que acadou a medalla de bronce na categoría infantil, no circuíto de 5 km, no XXIII Campionato de España de augas abertas desputado no lago de Banyoles, en Girona. Con esta actuación a nadadora, que adestra nas instalacións do CGTD de Pontevedra, ten opcións para formar parte do equipo nacional de augas abertas que participará na  Mediterranean Open Water Cup que se disputa en outubro na localidade chipriota de Larnaca. 

 

Completaron o equipo feminino do CN Ponteareas nesta competición Carla Faro, Andrea Domínguez e Sofía Carballo, que finalizaron na quinta posición xeral feminina. No apartado masculino tamén acudiron Yoel Faro, Lucas Costa e Pablo Cabana, que remataron na undécima posición por equipos.

 

Sete ouros para o CN Ponteareas no Campionato Galego Alevín de Verán