Ribadetea celebra a XV edición da Festa da tortilla

A concellería de Cultura e Turismo dirixida por Hortensia Bautista convida á veciñanza a participar na XV Festa da Tortilla que terá lugar esta fin de semana 27 e 28 de abril en Ribadetea.

A xornada do sábado estará acompañada de música rock cos grupos Lost in Mantra e 106 a partir das once da noite e o domingo terá lugar o concurso de tortillas cun primeiro premio de 200€ , 100€ para o segundo e 50€ para o terceiro. O xurado terá en conta a elaboración e a orixinalidade entre outros aspectos. A organización recollerá as tortillas entre as 10:30 e as 13 horas para proceder, a continuación, á degustación. O grupo Naiama amenizará o xantar e ás sete da tarde actuará o grupo de teatro de Xinzo que porá en escena “Anacleto busca moza”.