Recital lírico hoxe no auditorio municipal

O auditorio municipal Reveriano Soutullo acollerá esta noite ás 21 horas o recital de ópera e zarzuela a cargo de Camerata Ad Libitum acompañada de diferentes artistas convidados.

Os profesores de canto Carmen Subrido Tubío, Gloria Novoa Valeiras e Juan Abalde García, xunto coa pianista Rasa Biveiniene ofrecerán un concerto de benvida coa colaboración do concello de Ponteareas enmarcado dentro do 30º curso de verán “Tamara Brooks” de dirección, canto e orquestra. 

A concellería de Cultura e Lingua, que dirixe Fernando Groba, convida a todos os públicos a desfrutar, totalmente de baldew, as arias de ópera e romanzas de zarzuela coas que deleitarán aos e ás asistentes.