Rafael Sánchez Bargiela deu lectura este sábado ao Pregón das Festas do Corpus Christi de Ponteareas 2014

Rafael lectura Salvador, Rafel, Andrés Rafael Sánchez Bargiela, xerente da Sociedade Anónima de Xestión do SoutoPlan pianistasXacobeo, deu lectura este sábado pasado ao Pregón das Festas do Corpus Christi 2014, acto que abre a festa máis representativa de Ponteareas. No seu Pregón agradeceulle ao Concello de Ponteareas a invitación para esta encomenda tan importante, como é a de ser o pregoeiro da festa do Corpus Christi, a máis senlleira e a de carácter de Festa de Interese Turístico Internacional, facendo un percorrido por feitos que foron decisivos para a festa ponteareá, como foi a alfombra realizada co gallo da visita da súa Santidade o Papa Xoán Paulo II a Santiago de Compostela. Así mesmo, lembrou a súa estadía en Ponteareas, onde desenvolveu o seu traballo profesional como director da Biblioteca, Museo e Arquivo Municipal durante anos e onde profundizou no coñecemento desta festa, á cal xa acudía de neno cos seus pais e que sempre o engaiolou. Destacou tamén e, sobre todo, o traballo anónimo e desinteresado dos alfombreiros e alfombreiras de Ponteareas, os verdadeiros artífices da festa e os que fan posible esta fermosa manifestación de arte efémera. O acto contou con belas interpretacións musicais  no que os pianistas engailaron ao público ao acto.

Ao mesmo tempo, José Guillermo Souto Souto, fotógrafo ponteareán que leva plasmado Ponteareas e o Corpus Christi ao longo de todo unha vida, foi obxecto dunha homenaxe na que se recolleron fotos de distintas épocas de Ponteareas e do Corpus, algunhas das cales poden contemplarse na recepción do Auditorio Reveriano Soutullo, baixo o título “Historia viva de un fotógrafo de calle”.