Proxección da película “Cómo entrenar a tu dragón II” no Auditorio Reveriano Soutullo

nadal 2014 cartelEste martes, día 23 de decembro, os máis pequenos e as súas familias poderán gozar da película “Cómo entrenar a tu dragón II”, ás 17:00 horas no Auditorio Reveriano Soutullo.

Desde as 16:30 h ás 20:00 h, Papá Noel estará diante da Casa do Concello repartindo caramelos, acompañado do seu paxe que percorrerá en bici as rúas máis céntricas do casco urbano, organizado pola Asociación Comercial Tea, en colaboración co Concello de Ponteareas.

Das 17:30 h ás 20:00 h, entrega de agasallos a cargo de Pontesolidario no Centro Artístico Sportivo. Organiza A. C. Ponteareas Comercial.