Protección Civil Ponteareas informa dos cortes e peches en distintos puntos do concello ante a climatoloxía

Ante a climatoloxía adversa e o posible desbordamento dos ríos, Protección Civil Ponteareas informa que no día de hoxe procederon ao peche dos accesos á praia fluvial da Freixa en dous puntos: o acceso dende Ribadetea ás pistas e o acceso dende a N-120 ao club hípico. 

Ademais, pechouse a Ponte das Partidas en Moreira e permanece cortada a estrada que une a parroquia de Moreira coa parroquia de Nogueira.

A praia da Moscadeira tamén está acotada. Os voluntarios e voluntarias do servizo de Protección Civil Ponteareas segue a retirar árbores caídas e suciedade que molesta nas estradas municipais e pide a cidadanía responsabilidade e moita precaución.