Programación cultural do Concello de Ponteareas para a fin de semana do 18 de agosto

A programación cultural e actividades para esta fin de semana, do 18 ao 20 de agosto, é moi completa e variada.

 

Venres 18 de agosto

 

Daremos comezo á fin de semana co concerto de clausura do Festival Groba. Despois dunha semana chea de concertos de primeiro nivel, hoxe rematamos o ciclo no Auditorio Municipal de Ponteareas, ás 21:00h.

 

Sábado 19 de agosto

 

O sábado temos dous plans ineludibles. Por unha banda, a festa na Ponte de San Roque. Os veciños da Moscadeira organizan a tradicional xornada do Pau de Sebo, onde pequenos e maiores desfrutan dunha festa única e orixinal. As inscricións para participar estarán abertas dende as 16:00h. Á noite, haberá cea popular onde cada quen levará a súa comida.

 

Por outra banda, no entorno de A Freixa terá lugar a VII Travesía Vila do Tea e a primeira edición do mercadiño Mercatea durante todo o día.

 

Domingo 20 de agosto

 

O domingo a media mañá, será a quenda da Banda de Música Xuvenil de Xinzo cun pasarrúas e posterior concerto da dentro da programación do festival O Son do Tea. Os Xardíns da Xiralda é o lugar elixido para a realización do concerto a partir das 12:30.

 

Do mesmo modo, durante todo o día celebrarase a proba deportiva “Triatlón Sprint” onde participarán os máis pequenos e pequenas e persoas adultas. Todo un espectáculo deportivo!