Ponteareas inviste preto de 18.000€ no mantemento de iluminación pública

O Concello de Ponteareas informa do investimento de 17.900€ no mantemento da iluminación pública, financiados con cargo ao Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra, liña II de gasto corrente.

Este investimento permitíu o mantemento da iluminación das rúas, prazas, camiños, víarios públicos e edificios existentes que depende do Concello, así como a subministración de luminarias.

A concelleira de Vías, Obras e Iluminación, Chus Garrote, explica que este apoio permite unha maior liquidez da partida orzamentaria correspondente e que ese importe foron derivadas a outras necesidades da mesma área.