Ponteareas convida a coñecer os camiños tradicionais á beira do Borbén

O Concello de Ponteareas convida a toda a veciñanza a coñecer os camiños tradicionais este domingo 25 de febreiro ás 09:30 horas. O punto de encontro é o Chan da Gándara (xunto á empresa Dafer), dende aí os camiñantes terán dúas opcións de percorrido; a opción A con oito quilómetros de ida e a opción B con catorce quilómetros de ida e volta. 

Un paseo que percorrerá a beira do río Borbén e os camiós da Seca, a Portela e As Cortellas. 

Nesta andaina os participantes poderán coñecer parte do patrimonio natural e paisaxístico de Ponteareas e afondar na historia dos barrios e dos sendeiros ponteareás.