Ponteareas consegue un préstamo de 400.000€ sen xuros

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva,vén de asinar co alcalde de Ponteareas,Xosé Represas Giráldez, a concesión dun préstamo sen xuros de 400.000 €.

O Alcalde de Ponteareas explicou que “con estes cargos frase fronte ao financiamento da rede de distribución térmica (350.000 €) e a compra dunha deshumectadora para a piscina (50.000 €)”.

Esta concesión facilítalle ao concello unha fonte de financiamento ao menor custe posible sen ningún tipo de xuros, comisións ou gastos doutro tipo.

En concreto, o concello de Ponteareas recibirá 400.000 €, préstamo que a vila amortizará en quince anos a razón de 26.666,67 euros anuais.Con estas axudas a Deputación de Pontevedra permite que os concellos beneficiarios, os de menos de 50.000 habitantes, poidan afrontar a execución de distintos investimentos grazas a unha partidaque no seu total ascende a 1.140.396,46 €.

Mentres que o anterior goberno concedía os préstamos e anticipos con intereses situados no 2%, o actual goberno decidiu suprimir os xuros co fin de contribuír a facilitar e mellorar a situación que están a vivir os concellos da provincia. Así mesmo, este ano adiantáronse as achegas a comezos de ano (as bases aprobáronse o 27 de xaneiro) ao considerar que se trata dun instrumento máis da planificación de políticas públicas.