Ponteareas celebra a festa de promoción da decimo terceira edición do Rallye Sur do Condado o próximo 24 de xuño

O Paseo Matutino é o lugar escollido pola Concellería de Comercio para acoller unha exposición de coches, así como concertos e sorteos, para impulsar a carreira que se realizará do 8 ao 10 de xullo.

P1020701Antes de comezar o Rallye Sur de Condado o vindeiro mes, a escudería Surco, organizadora do evento, colabora coa área de Comercio e Hostalería, xestionada por Mario Lago, para traer unha faísca do mundo do motor á vila do Tea o vindeiro 24 de xullo, día de San Xoan.

A partir das 20.00 horas no paseo matutino a veciñanza poderá visitar e contemplar a exposición de coches de carreiras. Amais, realizaranse sorteos de equipos de audio para o coche e pases para o Balneario de Mondariz, ou unha degustación de pizzas, así como se poderán mercar, en apoio á organización, merchandising da escudería Surco. Chegadas as 22.00 horas comezará un concerto con La Banda de Mazinger e The Liar Papers, para fechar a xornada.